Wednesday 08 de May de 2024

FESTA DO CONCELLO DE RIVEIRA POLA DIVERSIDADE SEXUAL


 

O Concello de Ribeira únese á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+

VENRES 28
A bandeira do colectivo LGTBIQ+ vestirá estes días a fachada do Concello
12:00 H. Entrega de premios ao gañador e gañadora do concurso de tweets #rachaestereotipos.
O Alcalde entregará á galardonada co primeiro premio, María Maceiras Pérez, unha tablet, e ao gañador do segundo premio, Iker Fernández Vidal un altofalante.
13.00 H. Lectura dun manifesto na Praza do Concello: declaración institucional do Concello de Ribeira do Día do Orgullo LGTBIQ+.
Performance na Praza do Concello
Título: DC-8 / A posibilidade do Imposible, a cargo de LAG
Acción como reacción á marxinación que sofren as persoas cunha orientación sexual que non se adentra no socialmente establecido

SABADO 29
13:00 H. Sesión Vermút con DJ na Rúa Alcalá Galiano